Paco López-Barxas - Literatura- Cultura Portugal 2021

Paco López-Barxas

Literatura

Comparte:

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on pinterest

É Licenciado en Literatura Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid, cidade na que residíu 21 anos a partir de 1971. Durante este tempo estivo vinculado ao ensino, ao xornalismo cultural e a crítica literaria nos principais periódicos e revistas culturais do momento: Diario Informaciones, El País, El Sol, El Mundo, Nueva Estafeta, Ínsula, Quimera, Leer, Anthropos… sendo Redactor-Xefe da revista Argumentos (Madrid). A finais da década dos oitenta mantén no Suplemento de «Artes e Letras» do Faro de Vigo unha sección semanal de crítica literaria co título de «EX-LIBRIS».  Asi mesmo, é Director de Publicacións da Universidade Antonio de Nebrija, formando parte do  consello rector xunto a Alonso Zamora Vicente e Pedrol Rius, entre outros.De regreso a Galicia, en 1991, dirixe nunha segunda etapa o periódico Xornal Diario (Pontevedra), é responsable de Comunicación do Consorcio de Santiago, así como Xefe de Redacción de Informativos da Televisión de Galicia. Entre os anos 2009 e 2016 foi Director Xeral de Promoción e Difusión Cultural; Director do Libro,Bibliotecas e Arquivos; e asesor da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.Dos máis de 20 libros publicados, cómpre destacar: Mazurca para Camilo José Cela (Concello de Palma, en colaboración, 1986), Zelos no ofenden al sol (El Toro de Barro, Cuenca, 1988), En torno a Antonio Machado (Júcar, 1989), Edición crítica de La Cartuja de Parma, de Stendhal (Júcar, 1989), Fin de un milenio. Antología de la poesía gallega última (Ediciones Libertarias, con César Antonio Molina, 1991), Ferrán Pérez Churruchao (Album, Madrid, 2001), Confieso que he leído (Hércules, 2017), Ben-Cho-Shey inédito (Auga Editora, 2018) e Homes de palabra. Conversas con Isaac Díaz Pardo e Xosé Neira Vilas (Edicións Fervenza, 2020).  Co título No xardín das mandrágoras (Laiovento, 2008) recolle outras conversas con Cortázar, Vargas Llosa, Benedetti, Ernesto Cardenal, Francisco Ayala, Camilo José Cela, Cardoso Pires, Xaquín Lorenzo «Xocas» e Méndez Ferrín, entre outros.Da súa relación persoal con pintores surrealistas internacionais como Eugenio Granell (Galicia), Iván Tovar (República Dominicana) e Artur Cruzeiro Seixas (Portugal) saíron libros como El poema del Moro Muza (1999), Eugenio Granel: o surrealismo felizmente vivo (2000), Os tesouros da illa de Granellandia (2012), Geometrías de lo insondable (2017) e Seixas: ao longo do longo camiño (2019).

Dentro do xénero da literatura infantil, cabe lembrar algúns títulos como O ladrón de paxaros (Baía, 2006), Sar, Sarela e os monstros de Compostela (Kalandraka, 2007),  Tom e Mix, os cabalos de Clara (Sotelo Blanco, 2009), A avoa do nobelo branco (Baía, 2009), Nemo e Sabela polos parques de Compostela (Teófilo 2017), Pedro, ladrón de historias (Auga Editora, 2017) e A historia de Ramón (Teófilo, 2018), entre outros en libros colectivos.

NÓS, ARREDOR DE NÓS (Teófilo, 2020) é a súa última aportación no xénero da realidade ficionada.